Sunday 28 de April de 2024

Lara López Fernández recoñecida co 1º premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” na II Gala do Deporte do Concello de Ordes


O pasado venres día 20 celebrouse en un repleto pavillón de Castelao 1 a II Gala do Deporte do Concello de Ordes, onde a campioa local de salvamento e socorrismo, Lara López Fernández, resultou gañadora da 1ª edición do premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” polos seus múltiples logros que a converteron na deportista local mais destacada de 2019

Preto das 8 da tarde do pasado venres 20 de maio botou a andar a II gala do deporte do concello de Ordes, introducida por un vídeo e conducida polos presentadores Rocío Candal e Toni Seijas, en un pavillón Castelao 1 repleto de deportistas, representantes, dos clubs, asociacións e entidades deportivas, patrocinadores, familiares dos nominados, e público en xeral; no que tamén estivo presente boa parte da corporación local, exconcelleiros, o secretario xeral de Agader, e os alcaldes e alcaldesa de Frades, Tordoia e Trazo.

Apertura do acto pola concelleira de deportes, dona Ana Soneira Liñares.

Logo da benvida polos presentadores, tomou a palabra a primeira tenente de alcalde, e concelleira delegada de deportes, dona Ana-María Soneira Liñares. Na súa intervención deixou claro a necesidade de seguir celebrando eventos de este tipo “unha gala concibida para render homenaxe a todas e todos os deportistas, aos seus adestradores e a todas as familias que, case sempre facendo un esforzo inxente e renunciando a outras cousas, inculcan na nosa rapazada e na nosa mocidade os valores do deporte”; e aparte de anunciar todas e cada unha das categorías que se premiaban ao longo da gala, agradeceu a participación pública cuberta por mais de 1000 veciños na enquisa para elixir ao mellor deportista masculino e feminino do pobo de Ordes. Rematou a súa intervención con agradecementos, “como veciña e como concelleira, non teño máis que palabras de agradecemento e de admiración para todos vós –insisto, para todos e todas as deportistas de Ordes- e para as vosas familias que vos animan e vos apoian de maneira incondicional”, e con unha petición expresa “seguide adestrando e traballando así de ben. Ordes ten a fortuna de contar entre os seus veciños con deportistas de elite como Iván Raña Fuentes, que chegou á cima logo de moito esforzo e sacrificio.”

Premios individuais.

En diferentes bloques foron entregados os premios que conformaban a II gala do deporte, convidando a subir para o escenario aos tres finalistas en cada unha das categorías prevista:

Mellor deportista de base masculino: Marcos Vieites del Río
Mellor deportista de base feminino: María Pena Ferreiro
Mellor adestrador: José Domínguez Caballero
Mellor patrocinador do deporte: Sportec
Premio a traxectoria deportiva: José Ramón López Regos
Mellor deportista masculino: Cristobal Boudjenane Núñez
Mellor deportista feminino: Isabel Fernández Bello
Mellor deportista pobo de Ordes masc.: Santiago Moar Sánchez
Mellor deportista pobo de Ordes fem.: Natalia Queijo Rivas
Mellor deportista con diversidade: Herminio Rial Naveiro
Mellor equipo: Sub-21 (Club Boudsport)
Mellor entidade deportiva: A.C. Ordes

Tamén se aproveitou a gala, un ano mais, para dar coñecemento dos 30 deportistas que foron beneficiados de bolsa deportiva individual, unha axuda económica creada polo concello de Ordes no ano 2018, e na que en esta ocasión foron merecedores:

Lucía Becerra Puente, Olaya Blanco Sánchez, Mateo Boudjenane Liñares, Cristobal-Gamall Boudjenane Núñez, Manuel Castro Rodríguez, Bárbara del Puerto López, Carla Diéguez Veiras, Claudia Diéguez Veiras, Alba Diéguez Veiras, Pablo Liñares Bustabad, Marcos Liñares Caamaño, Lara López Fernández, Christian Loureiro López, Daniel Loureiro Mosquera, Antía Martínez Sánchez, Alberto Martínez Villaverde, José-Ángel Morlán Rodríguez, Daniel Mosquera Sánchez, Iván Muiño Liñares, Manuel Pedreira Louro, María Pena Ferreiro, Manuel Pena Rodríguez, Lara Reboredo Franqueira, Noa Rey Bravo, Alba Rey Franqueira, Alejandro Rey Franqueira, María Ánxeles Rodríguez del Río, Alejandra Souto Vieites, Eliana Suárez Mosquera e Abril Viqueira Pose.

Invitado de honra, Donato Gama da Silva.

Esta edición da gala do deporte contou como convidado de honra con un dos integrantes do Superdepor, e un dos poucos xogadores que posúe no seu palmarés a totalidade dos títulos oficiais que gañou o RC Deportivo de A Coruña, especialmente na época do Superdepor, Donato Gama da Silva. O invitado aparte de entregar varios dos galardóns, foi foco de atención de numeroso público que aproveitaron a súa presenza para inmortalizar en unha fotografía conxunta a un dos grandes do deportivismo recente. No escenario foi entrevistado pola presentadora Rocío Candal, onde dou o seu particular punto de vista da situación actual do club no que actualmente exerce como representante institucional, e animou a todos os presentes a practicar deporte en calquera das súas modalidades, sen esquecer ao fútbol que tantos éxitos lle dou na súa etapa.

Mención especial ao equipo de hóckey infantil tempada 1994/95.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo foi chamado ao escenario para introducir a mención especial da gala, que en esta edición foi para os 25 anos da xesta protagonizada polo equipo de hóckey patíns infantil do anterior denominado Club Patín Ordenes, hoxe AC Ordes, na tempada 1994/95, onde se proclamaron sendo anfitrións do torneo, campións de España en categoría infantil, logo de vencer na final ao Club Esportivo Noia por un contundente marcador de 10-4, o día 3 de xuño de 1995.

O alcalde fixo alusión na súa intervención a que en ese mesmo pavillón durante tres días “viviuse un éxito sen precedentes no deporte ordense, incluso acompañou a fortuna cos resultados da liguilla; pero loitouse e logrouse no derradeiro partido a cara ou cruz, unha fazaña por parte de UN EQUIPO DE LENDA e ante un público local entregado ao hóckey a patíns, que atrévome a asegurar supuxeron os cimentos de orgullo de todos e cada un dos éxitos posteriores…”, e logo do vídeo recordatorio subiron ao escenario os homenaxeados ante un público en pé, os 8 xogadores: Jesús Gende (asistiron seus pais), Marcos Couso, Gonzalo Louro, Fernando Miguens, Raul Garaboa, Manuel González (Mon), Josiño (ausente), e Mantiñán (ausente); e o equipo técnico comandado polo adestrador, José Ares, o presidente, Juan Manuel Louro, e o delegado, José Luis Louzao (Telis).

Intervención do alcalde de Ordes, e premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes”.

A última intervención antes de rematar o acto correspondeu ao alcalde de Ordes, que no seu discurso aproveitou para agradecer a presenza de tantos deportistas, de tantas familias, e a implicación dos clubs, asociacións e entidades deportivas, patrocinadores, adestradores e corpos técnicos. Fixo un pequeno recordatorio do invitado de honra, Donato; así como a título persoal do seu pasado como deportista de baloncesto, adestrador de escolas municipais, e seguidor e afeccionado do deporte nas súas diversas variedades. Doulle a noraboa a Ana e ao seu equipo pola preparación e organización da gala de este ano, e animounos a pensar xa na do vindeiro 2020, que será a terceira edición.

En referencia aos deportistas doulle as grazas “ante e por encima de todo, por levar o nome do noso pobo, ORDES, a nosa marca común, ORDES; pola provincia, pola comunidade autónoma, por España e incluso fora da nosa nación en moitos casos… por crer, por loitar, por sacrificarvos, por esforzarvos, por continuar nos malos momentos, especialmente nas lesións, por superalas e levantarvos con gañas de seguir adiante, grazas sinxelamente por participar, por competir limpamente, por facer do deporte unha parte do voso día a día, e da vosa vida.”

A continuación e para rematar presentou o premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes”, un premio a crear que conformaba parte do programa electoral co que se gañaron as eleccións o pasado día 26 de maio, e que botou a andar en esta II gala do deporte do concello de Ordes, un “premio pensado e concibido para lembrar e manter por e para sempre no tempo o legado do noso fillo predilecto Iván Raña Fuentes, campión de Europa e do mundo de tríatlon, deportista olímpico ata en tres ocasións… un espello, Iván, no que estou seguro se miran boa parte dos nosos deportistas de Ordes, e que polo tanto quen mellor que o seu nome, para falar de excelencia deportiva ao noso nivel local, e crear un premio co seu nome propio ao deportista mais destacado de cada ano”; en verbas da intervención do alcalde para pechar o seu discurso.

Gañadora do premio “Iván Raña”.

A continuación tomou a palabra a presentadora do acto, Rocío Candal, e nomeou como gañadora do premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” a xoven deportista local Lara López Fernández, polos seus múltiples logros autonómicos, nacionais e internacionais na súa disciplina de salvamento e socorrismo acuático ao longo do ano 2019.

Unha emocionada Lara, subiu ao escenario a recoller o galardón das mans de Lina e Manuel, pais de Iván Raña. A continuación dirixiuse aos micros e dedicou unhas palabras a tódolos presentes, un público entregado a súa persoa como merecida gañadora de este galardón, unha intervención cargada de gran emotividade na que fixo especial referencia a súa familia, dun xeito especial a seus pais e a súa irmán, alí presentes nas primeiras filas, pero sen esquecerse de todos e cada un dos que fan posible que ela poida desenvolver día a día ao longo do ano o deporte que tanto lle gusta e que tantos éxitos persoais e deportivos lle está a deparar.

Rematou o acto, coa presentación en primicia por parte dos presentadores do vídeo de Nadal para a felicitación institucional por parte do concello de Ordes.